viernes, 19 de noviembre de 2010

Situacións

Xoves, 12 do mediodía, A Coruña. Pablo e máis eu entramos nunha cafetería. Achégase a camareira.
- Un cortado, por favor.
- Outro.
Marcha. Volve cos cafés. Aténdenos amablemente: "Un cortado para la chica... Y un cortado para el caballero. Díganme, entonces, ¿de qué desean hablar?". "Queríamos, simplemente, saber como afecta a crise aos pequenos locais de hostelería a partir da súa experiencia", respondo eu. "Mira -pregunta precavida- ¿y tiene que ser en gallego?". "Non, como prefiras", contesta Pablo. "¡Ah! - responde aliviada- porque yo no soy gallega". "Si, non te preocupes, fala no que queiras. Por certo, como te chamas?". "María Ferreiro". "Pois tes un apelido ben galego, eh!", retrúcalle o Pablo curioso. "Pues no -moi seria- soy inglesa".

No hay comentarios: